IMPULSADO POR: Concellería de Cultura do Concello da Coruña


Viñetas desde o Atlántico

Festival Internacional da Historieta da Coruña

Carácter
Público
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Letras
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Viñetas desde o Atlántico celébrase anualmente no mes de agosto na Coruña desde o ano 1998 e está dentro das actividades da Concellería de Cultura do Concello da Coruña.

Contou na súa última edición con sete sedes expositivas. Así, o Pazo de María Pita acolleu unha mostra coa obra do último Premio Nacional de Cómic, Pablo Auladell; o Quiosco Alfonso, a obra de Eduardo Risso, Ralph Meyer, Kiko Dá Silva, Cameron Stewart e Julie Rocheleau; a Sala Municipal de Exposicións Palexco, o traballo de Bruno Chevrier (Nob), Rayco Pulido, Dave McKean e Natacha Bustos; a Casa da Cultura Salvador de Madariaga a proposta Da novela ao cómic, de Javi Rei e Ernest Salga, e o Fóra do Mapa de Emilio Fonseca, premio Castelao 2016; a todas elas sumouse, un ano máis, a torre de Hércules onde se mostraron todos os carteis das distintas edicións de Viñetas desde o Atlántico. O circuíto de salas municipais, contou con dous novos espazos expositivos e a Fundación Barrié acolleu Dez anos de Premio Nacional de Cómic, unha mostra pioneira na que a cidadanía pode achegarse á obra do últimos dez galardoados con este recoñecemento, entre os que se atopa Miguelanxo Prado, director do Salón; e a Sala Afundación, sede da mostra A banda deseñada galega nos vinte anos de Viñetas.


Experiencia

Viñetas desde o Atlántico é un festival que se celebra durante quince días todos os meses de agosto, un salón de carácter internacional convertido nun dos máis respetados que existen hoxe en día.

Ofrece un amplísimo conxunto de exposicións, artistas convidadxs, charlas e conferencias que lle outorgan unha visión o máis ampla posible do mundo do cómic a nivel internacional. Estas actividades culturais compleméntase coa feira de libreirxs e editores/as onde tamén se realizan presentacións de novidades editoriais e actividades lúdicas.

Na súa última edición contouse cunha homenaxe aos autores que pasaron polo Quiosco Alfonso e ou resto das salas que acollen tradicionalmente o festival. Incluída a vella Autoridade Portuaria, a primeira sede que tivo Viñetas ata que foi demolida no 2002.

“A Banda deseñada galega en vinte anos de Viñetas” é tamén unha exposición nova, unha mostra retrospectiva-comparativa da evolución deses autores que recalaron na cidade (sala de exposicións Afundación). Son nomes imprescindibles da escena actual do cómic galego. En concreto, Fran Jaraba, Fernando Igrexas, Xaquín Marín, DasPastoras, Fran Bo, Alex Cal, Emma Ríos, Víctor Rivas, David Rubín, José Domingo, Fausto Isorna, Jano, Martín Romeu e Ramón Marcos.

Outra das novidades que trouxo a edición número vinte do Salón Internacional foi a programación dun espectáculo audiovisual co cómic como protagonista. Trátase do “Black Dog, the dreams of Paul Nash” de Dave McKean, unha sesión de música en vivo con proxección simultánea das imaxes que ilustran a novela gráfica que publicou McKean en torno ao británico Paul Nash, un dos nomes craves no nacemento dos movementos modernista e surrealista. Tivo lugar o propio día da inauguración na Fundación Barrié.

 

DESTACADO POR:

  • Divulgación dunha arte minorizada como é o comic.
  • Posta en valor da banda deseñada e dxs autores galegxs con recoñecemento internacional.
  • Festival de proxección internacional e de grandes dimensións vinculado a cómic.

Profesionais para seguir o fío:

  • Miguelanxo Prado

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial