Contexto
O festival WOS se inxire na cidade de Santiago de Compostela, convertíndoa nunha das protagonistas do festival. Nembargantes, o festival, pola súa programación e extraordinariedade dentro do panorama galego, diríxese a un público máis amplo, incluindo específicamente o estatal e extranxeiro.
Ante a ausencia de espazos de risco nas programacións, WOS propónse ofrecer canles no que participar en experiencias artísticas nas marxes da ortodoxia. Coa súa programación en varios ámbitos da creación e a vida cultural o festival propón tamén un espazo no que xerar e madurar un diálogo entre disciplinas.
Entre os públicos destinatarios atópanse persoas, independentemente de idade e xénero, interesadas específicamente en formas artísticas experimentais, e de vangarda, arte contemporánea, artes escénicas, audovisuais e cinema.
Experiencia
WOS é un encontro de caracter anual que defende una visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a busca e difusión de novas propostas culturais. Música, artes visuais, cine, artes escénicas, coloquios, e conferencias danse cita do 6 ao 10 de Setembro en diversos espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.
O festival é unha iniciativa da produtora compostelana WORK ON SUNDAY, en colaboración coa asociación de axentes culturais galegos WOS INC. Conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, AGADIC, Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), Fundación Eugenio Granell, Universidade de Santiago de Compostela, Mercado de Abastos, Fundación SGAE, Salón Teatro e NUMAX.
A análise das cifras mostra un festival en crecemento, no que cada ano as gráficas ascenden en número de espazos, de público, número de actividades de acceso libre, actividades non musicais ofertadas, e outros cuantificadores.
Destaca tanto a presenza de espazos de titularidade pública de diversas institucións (Diputación, Concello, Universidade), así coma espazos privados, sendo o WOS un reto engadido para a súa organización.
O principal obstáculo a superar estas catro edicións foi a financiación do proxecto en relación ao gasto que supón a súa realización e estabilidade económica. A cuarta edición propón dirimir a solidez do proxecto.
DESTACADO POR:
- O seu carácter multidisciplinar e de vangarda.
- A ubicación dos “escenarios” en diversos espazos da cidade, o que o convirte nun modelo urbano e itinerante.