IMPULSADO POR: Asociación Cultural Olloboi


Olloboi

Festival audiovisual escolar

Carácter
Asociativo
Territorio
Rururbano
Público principal
Xuventude
Contido principal
Audiovisual
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Olloboi é un colectivo que canaliza a súa solidariedade a través da creatividade, por iso organiza cada ano este certame que premia a orixinalidade, arte e compromiso dos traballos de moitos futuros profesionais.

Trátase dun proxecto independente e sen ánimo de lucro que se nutre do traballo e a ilusión dos socios fundadores da Asociación Olloboi desde 2010.

Por repercusión e participación (máis de 100 inscritos de toda Galicia e 10.000 visitas na súa web e redes sociais en cada unha das tres edicións anteriores) Olloboi é xa a maior plataforma da canteira do audiovisual galego.


Experiencia

No ano 2008, un grupo de profesores e profesoras do ensino público procedentes de diversos puntos de Galicia, reúnense na comarca da Barbanza e fundan o grupo Rodaxe para dar saída ás súas inquietudes comúns no mundo audiovisual.

Desde o 2010, froito do traballo deste grupo, vénse celebrando anualmente o Festival Audiovisual Olloboi, orientado ó ámbito escolar desde o ensino primario ata o superior.

No ano 2012 o grupo Rodaxe decide constituírse en asociación sociocultural sen ánimo de lucro e pasa a denominarse Marearte primeiro e Olloboi desde xaneiro do 2016, incorporando profesionais de ámbitos alleos á docencia e ampliando a súa actividade a todo tipo de expresión artística.

O Festival Audiovisual Escolar Olloboi, dirixido a alumnado e profesorado dos centros escolares desde primaria a ensino superior, transcorre nunha plataforma web durante os cinco primeiros meses do ano e culmina a última semana de maio con diversos actos presenciais: proxeccións, unha entrega de premios e un encontro de creadores e creadoras nov*s, profesorado e profesionais do audiovisual.

DESTACADO POR:

  • Referende do audiovisual escolar.
  • Audiovisual como ferramenta educativa.
  • Vínculo de profesionais galegxs do audiovisual cos amateurs máis novxs.

Profesionais para seguir o fío:

  • Susana Diz
  • Manuel Garrido
  • Óscar Aguado
  • Ana Moreiras
  • Manuel Álvarez

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial