Contexto
A escola de aCentral Folque é un centro de ensino dinámico no que prima a calidade da relación entre mestre e alunado. A súa metodoloxía baseáse na transmisión do legado da música popular galega e no acompañamento d@ alumn@ na búsqueda da súa propia voz dentro da escena contemporánea. Para isto, a escola é coñecida por contar cun equipo de profesores excepcional formado por algunhas das figuras máis relevantes da escena musical galega.
Experiencia
A escola actual ven avalada por 16 anos de experiencia que comezou en Lalín co Conservatorio de música Tradicional e Folque.
A escola conta con tres liñas de traballo docente:
- Aulas individuais
Aulas individuais especializadas en diferentes instrumentos e técnicas. Abertas para todo tipo de persoas interesadas na música popular galega con independencia dos seus coñecementos musicais. Sanfona, Violino, Canto, Frautas, Percusión.
- Aulas colectivas
Aulas en grupo en diferentes disciplinas sobre a música popular contemporánea na Galiza. Gaitas, Baile, Regueifa e improvisación oral, Linguaxe musical: método Kodály, Canto e pandeireta, Harmonía na música popular.
- Curso Maxistral aCF
O Curso Maxistral aCF é un curso estruturado en 2 anos que vai orientado ás persoas iniciadas na música popular galega. Ofrece un estudo amplo e profundo do legado musical galego unido á ensinanza de linguaxes e métodos de vangarda.
DESTACADO POR:
- Desenvolver unha proposta formativa na música tradicional innovadora, contando con moitas das principais figuras da música galega actual.
- Ser o espazo catalizador de iniciativas de recuperación de patrimonio musical e de conexión con proxectos musicais de todo o mundo.