IMPULSADO POR: Asociación Cultural Xermolos


Festival de Pardiñas

Unha cita histórica coa cultura tradicional galega.

Carácter
Asociativo
Territorio
Rural
Público principal
Xeral
Contido principal
Música
Periodicidade
Celebración periódica


Contexto

Este é un festival que se denomina a si mesmo “Feira e Festa da Música e da Arte” e que desde 1980 organiza a asociación cultural Os Xermolos, dedicada a preservar e difundir a cultura galega.

Pardiñas é un lugar da parroquia de Lagostelle no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Conta cunha poboación de aproximadamente 100 habitantes, que durante os días do Festival vese multiplicada ata as 30.000 persoas.


Experiencia

En torno a un festival de música, por cuxo escenario pasan grupos e intérpretes galegos, españois e de distintos lugares do mundo (Francia, Escocia, Cuba, Portugal…) teñen lugar outros eventos, como mostras de artesanía, exposicións de pintura, escultura, fotografía, cerámica, debuxo infantil, espazos de poesía, de narrativa, feira de libros, ou o “prato máis mimado”, a Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.

A suma de todos estes ingredientes fai do festival de Pardiñas un evento no que se respira creatividade e frescura polos catro costados e que goza do recoñecemento de artistas, creadores e público.

DESTACADO POR:

  • Unha cita histórica coa música e a cultura tradicional galega, activa dende 1980.

Profesionais para seguir o fío:

  • Alfonso Blanco

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial