Contexto
Os montes comunais, como as sementes, o folclore, ou o software libre son claros exemplos de procomún en tanto que existe unha comunidade que autoxestiona este ben de forma colaborativa, establecendo unhas normas que buscan garantir a sustentabilidade deste recurso.
Os MVMC (Montes Veciñais en Man Común) en Galicia representan unha modalidade de propiedade e de xestión dun ben, que rompe a clásica dicotomía público/privado. O específico destes montes vén determinado polo feito de que a propiedade recae na comunidade de veciños que residen de forma cotiá nese territorio.
Experiencia
Montenoso é un proxecto poliédrico que conta con profesionais da comunicación, as artes dixitais, a produción de eventos, o audiovisual e o deseño.
Está impulsado por asociacións e colectivos con ampla traxectoria en eidos diversos da cultura contemporánea como son a axitación social e cultural, a comunicación dixital e a investigación aplicada. É por iso que queremos partillar o proceso do proxecto cxs comuneirxs, para construir xuntxs os dispositivos que permitan acadar os obxetivos de visibilidade, revalorización, reapropiación e disfrute do monte en mancomún.
Existe a posibilidade de colaborar con comunidades con necesidades específicas a través dunha serie de dispositivos e ferramentas que consideramos interesantes para a dinamización e visibilidade dos MVMC, mais estamos abertxs a outras necesidades e propostas requeridas polas comunidades.
Este proxécto é totalmente transparente e podes acceder a todos os seus contidos.
DESTACADO POR:
- Exploran outros modelos de gobernanza a partires de estudar, (re)situar e traballar activamente nas CMVMC como exemplo de procomún.
- É un dos proxectos referentes en Galicia arredor de novas prácticas dixitais, colaborativas e abertas.
- En 2014 foron premiados no Festival Internacional de referencia no ámbito da cultura dixital e multimedia: Ars Electronica.
Profesionais para seguir o fío:
- Fran Quiroga
- Vanesa Castro (Fur Alle Falle)
- Alex Mikelinos (Tecnoloxía/s Apropiada/s)
- Iñaki López (Rural contemporánea)
- Pablo Blanco (innoto)
- Andrea Olmedo (Constelaciones)