IMPULSADO POR: Asociación Memoria Atlántica


Festival Internacional de Narración Oral Atlántica

Un festival para coñecer as diferentes voces narrativas do Atlántico
Carácter
Asociativo
Territorio
Itinerante
Público principal
Xeral
Contido principal
Letras
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

O Festival Atlántica aspira a desenvolver catro principais liñas de acción:

  • Difundir e dar visibilidade a unha arte escénica moitas veces considerada menor.
  • Promover a investigación e recolleita da Tradición Oral Atlántica.
  • Traballar en rede canda outros festivais do Atlántico.
  • Realizar un encontro internacional cada ano na maior cantidade de sedes posibles de Galicia.
  • Desde Atlántica promóvense obradoiros de formación arredor da profesión e as diversas técnicas de recollida de tradición oral, dirixidos principalmente a mozxs e nenxs. Nestes anos convocouse tamén a outros festivais para a creación da Rede de Festivais do Atlántico e nela participan festivais de Bretaña, Lisboa, Madeira e Os Azores, con posibles futuras incorporacións ao longo do tempo.

    Santiago de Compostela e Galicia en xeral son berce de grandes narradores recoñecidxs a nivel internacional, e  respondendo, ao mesmo tempo, á demanda do  público por estes Encontros que noutros lugares é habitual.


    Experiencia

    O Festival naceu en Santiago de Compostela, e cinco anos despois xa ten presencia en varias cidades e vilas de Galicia. Unha das premisas da organización é que a maior cantidade posible de público infantil e adulto goce no só dxs inmensxs profesionais galegxs senón tamén doutrxs chegadxs das dúas ribeiras do Océano, así como dun convidado/a que cada ano chega desde “outro mar”. Buscando a utilización de espazos diferentes para poder chegar ao maior número de público posible: bares, teatros, bibliotecas, centros de ensinanza, museos, CSC, a rúa, etc

    Sempre receptivxs a novas propostas de Narración Oral, a Asociación Memoria Atlántica parte da premisa de que é unha arte da palabra, deixando as portas abertas a novas voces para dar cabida a todas e todos. Por iso, dende hai dous anos traballan en Narrración en lingua de signos querendo dar pasos cada día para que o evento sexa plenamente integrado.

     

    DESTACADO POR:

    • Posta en valor do patrimonio inmaterial galego e da tradición oral.
    • Exhibición de espazos alternativos.
    • Valoración dxs contadores como xénero dramático.

    Profesionais para seguir o fío:

    • Soledad Felloza

    PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

    Web oficial