IMPULSADO POR: Asociación cultural Barriga Verde


Festival Internacional de Títeres Galicreques

Unha cita imprescindible coas propostas internacionais do teatro de monicreques.

Carácter
Asociativo
Territorio
Urbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Artes Escénicas
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Titiriteiros de varios países mostran as súas singulares producións. Espectáculos infantís, representacións ao aire libre e pases en horario nocturno.  E tamén mesas redondas, exposicións e obradoiros… todo un mundo arredor dos monicreques.

O obxectivo prioritario de Barriga Verde, a asociación organizadora do festival, é fomentar o teatro de monicreques e propiciar o achegamento a Galicia de espectáculos de todo o mundo. Iso posibilita que o público poida ver algunhas das mellores cousas que se están a facer fóra e tamén que aprenda a valorar o que aquí temos.

Galicreques non esquece dedicar un espazo destacado da súa programación aos grupos de teatro de monicreques galegos. Na última edición de 2016 foron seis compañías galegas as que tiveron a oportunidade de presentar oito espectáculos no marco do festival.


Experiencia

O ano pasado o certame celebrou a súa 21ª edición do 24 de setembro ao 2 de outubro, con 24 espectáculos para todos os públicos en diferentes teatros, salas e rúas de Santiago, aos que sumar 12 funcións especiais para público escolar.

Ademais, o festival concede cada ano un premio a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que contribúen a consolidar esta arte teatral a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod*s *s amantes das marionetas.

DESTACADO POR:

  • Manterse durante máis de vinte anos como unha cita imprescindible coas propostas internacionais do teatro de monicreques.

Profesionais para seguir o fío:

    • Jorge Rey

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial