Contexto
O Festival de Jazz ImaxinaSons é unha iniciativa do Concello de Vigo que naceu co obxectivo de dar cabida, dentro da escena musical galega, ao jazz realizado en Europa, á marxe de condicionantes comerciais.
O jazz europeo é recoñecido na actualidade como o verdadeiro xerador da maior evolución da súa historia contemporánea, o cal converte a Vigo durante o festival en referencia dos festivais á vangarda do jazz, cun ambiente musical, cultural e festivo único.
Imaxina Sons, proxecto nacido no ámbito municipal, desenvólvese coa finalidade de achegar o jazz ao maior número de público posible: amantes do jazz e da música e, tamén, cidadanía en xeral.
Experiencia
O Festival de Jazz de Vigo ImaxinaSons, organizado polo Concello de Vigo, celebrase a finais de xuño, portando á cidade o talento do jazz europeo.
O festival amosa con periodicidade anual a actualidade do jazz, prestando especial atención a aquelas propostas de calidade que apostan pola innovación e a orixinalidade, e que aportan novidades en tres ámbitos xeográficos: Galicia, España e Europa; apoia especialmente aos músicos que realizan a súa actividade no ámbito galego, mantendo unha presenza dos seus proxectos no festival e contribuíndo así á súa difusión exterior; atende á actualidade jazzística no resto de España, en especial ás tendencias máis novidosas; e por último, centra a presenza estranxeira no jazz europeo, sen renunciar a presenzas puntuais do latino ou americano.
DESTACADO POR:
- Criterio 1.
- Criterio 2.
Profesionais para seguir o fío:
- Jesús López Moure
- Lucía Martínez