IMPULSADO POR: Cabido da S.I. Catedral de Tui


Música no Claustro

Festival de música que se celebra anualmente no claustro da catedral de Tui.

Carácter
Privado
Territorio
Rururbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Música
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Música no claustro é un festival de música, patrimonio e creación interdisciplinar na Catedral de Tui. O seu claustro gótico, como escenario central, acolle un encontro de propostas escénicas, musicais, artesanais e de coñecemento programadas cada edición baixo un único leitmotiv.

Tratase dunha programación interxeracional que ten por misión a posta en valor e recoñecemento dos músicos, artistas e tradicións locais, así coma a participación dos públicos nas diferentes actividades e obradoiros, vivindo o conxunto monumental coma centro de creación artística.

O coñecemento do patrimonio -coa atención posta nos elementos monumentais non visibles día a día, pero claves ao longo dos séculos- completa un programa onde se busca o respecto e posta en valor do espazo dende a coherencia, sensibilidade i emoción.

Xunto aos recursos propios da Catedral de Tui, coma organizadora do evento, contase co patrocinio e a colaboración dun conxunto de institucións públicas e empresas que fan posible o desenvolvemento do festival.


Experiencia

Música no claustro ten por obxecto a descentralización dos centros e capitais culturais, ofertando unha nova experiencia para públicos locais e foráneos.

A diversidade e orixinalidade da programación, a ruptura da frontalidade, a apertura non habitual do espazo monumental (horarios, iluminación, tipo de actividades, etc), a accesibilidade popular ao evento e o traballo estratéxico de comunicación, son a suma dos elementos que levaron a alcanzar e xestionar o tope de públicos dende o ano 2014.

En compromiso coa investigación e creación acolle en xornadas de estudo e residencias a estudosos e artistas internacionais que aportan -de forma recíproca- novos descubrimentos e linguaxes creativas, identidades i experiencias humanas.

Ao tempo, Música no claustro coma plataforma de mediación, presenta proxectos propios noutros escenarios, tecendo así unha rede colaborativa sen fronteiras.

Música no claustro está aberto en cada edición a novos retos e experiencias, sentindo a necesidade de apostar, ao menos, por unha proposta de destacada innovación en cada programa, chegando así a novos públicos e/ou achegando aos públicos xa existentes realidades descoñecidas para eles.

DESTACADO POR:

  • Programación de estilos musicais non comerciais.
  • Vinculación da música co patrimonio.
  • Descentralización da oferta cultural.

Profesionais para seguir o fío:

  • Samuel Diz
  • Beatriz R. Fontán

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial