IMPULSADO POR: Concello de Carral


Premio de Poesía Concello de Carral

Certame poético en lingua galega, que ademais do premio inclúe a publicación do libro, a súa difusión e actividades complementarias de promoción da poesía galega.

Carácter
Público
Territorio
Rururbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Letras
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

Carral é un concello de pouco máis de 6000 habitantes da área metropilitana da cidade da Coruña. A súa capital municipal, Carral, ten un trama urbana desenvolta ao longo da estrada N-550 que cruza o concello, e as outras sete parroquias teñen unha estrutura rural, cunha poboación relacionada socioeconómicamente coa área metropolitana da Coruña.

A iniciativa do premio de poesía nace co obxecto de engadir un elemento dinamizador á nova biblioteca municipal, que acababa de nacer en 1997. O certame creouse co obxectivo de contribuír á promoción da literatura galega en xeral, e en particular a poesía, promocionando a novos autores e autoras ou contribuíndo á consolidación doutros que xa contaban con obra publicada. Ao mesmo tempo se incidía en animar á poboación local á lectura de poesía.

Este proxecto conta con dous tipos de destinatarios. Por unha banda están os escritores e escritoras que desexan dar a coñecer a súa obra e que precisan dos premios para veren publicadas as súas creacións; e por outra as persoas lectoras que teñen a oportunidade de achegar a novas producións literarias.

 


Experiencia

O Premio de Poesía Concello de Carral, nos seus primeiros 20 anos de existencia, ten servido para descubrir novos valores da poesía galega, que tiveron en Carral a oportunidade de darse a coñecer e de publicar o seu primeiro libro na considerada como mellor colección de poesía de Galicia, que é a de Edicións Espiral Maior. Por outra banda poetas xa consagrados recibiron o galardón de Carral, apostando por este premio como vía para prestixiar a súa obra e para dar a coñecer un novo libro.

O certame foi incrementando ao longo dos anos a dotación económica do premio ata os actuais 2500 €. Ten contado coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para asumir o custo da adquisición dos exemplares do libro premiado que o Concello de Carral agasalla a socios da biblioteca municipal que o solicitan.

Nalgunhas edicións o certame complementouse con outras actividades tales como obradoiros de poesía, tanto para adultos como escolares, concursos escolares e a creación dun club de poesía (xa desaparecido). Desde o 2017 decídese manter como actividades estables os obradoiros e concursos escolares, tentando incidir na lectura e creación poética en idades temperás.

 


DESTACADO POR:

  • Descubrirnos dende fai máis de 20 anos novos valores da poesía galega, co mérito adicional de estar impulsado e sostido durante tanto tempo dende a iniciativa municipal dunha vila pequena.

Profesionais para seguir o fío:

  • Carlos Lorenzo Pérez

PARA AMPLIAR INFORMACiÓN:

Web oficial