IMPULSADO POR: EsmerArte


Festival PortAmérica

3 días de música, gastronomía, Estrellas Michelin e acampada en plena natureza

Carácter
Privado
Territorio
Rururbano
Público principal
Xeral
Contido principal
Música
Periodicidade
Celebración periódica

 


Contexto

PortAmérica Rías Baixas, é máis que música e concertos; é un encontro  gastronómico e de Estrellas Michelín que tivo lugar durante catro anos na localidade de Nigrán e que este ano 2017 se trasladou a Caldas de Rei.

PortAmérica, aproveitando o poder dinamizador da cultura, conecta Europa e América co fin de atopar novas fórmulas de progreso económico e social a ambos lados do Atlántico.

PortAmérica festival tense consolidado como unha proposta musical e gastronómica a ter en conta, tralas súas cinco edicións. O festival na edición de 2016 incrementou un 25% en asistentes (acadando 35.000 asistentes), e este ano pretendeu crecer en Latinoamerica onde comezou o seu plan de internacionalización.


Experiencia

Baseándose no modelo de Economía circular, desde PortAmérica traballan cara a sostibilidade do festival actuando en dous frentes fundamentais: o entorno local (económico e social) e o medio ambiente natural. Ademais de seguir esta filosofía enmarcáronse no festival as Xornadas sobre economía circular e sostibilidade, nos que participaron os voceiros da Asociación Española de plásticos biodegradables e compostables, do instituto Español de Oceanografía, e de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Tamén se programou na 6ª edición do Festival PortAmérica unha nova actividade vinculada á cociña: unhas xornadas de reflexión sobre a evolución da gastronomía galega.


DESTACADO POR:

  • A coidada experiencia, especialmente na súa aposta pola fusión coa gastronomía.

Profesionais para seguir o fío:

  • Joaquín Martínez Silva

PARA AMPLIAR INFORMACIÓN:

Web oficial